—
JOSÉ CALVO POYATO (Cabra, 1951) é doutor en Historia Moderna. Como historiador, traballou sobre o tránsito dos Austrias aos Borbóns e a configuración do novo modelo de Estado no século xviii. Comezou a cultivar a novela histórica hai máis de dúas décadas co «El hechizo del rey» á que seguiron «Conjura en Madrid» e «La Biblia Negra».
Nas súas últimas obras, «Sangre en la calle del Turco», «El Gran Capitán» e «El Espía del Rey», abordou personaxes crave na historia de España, como son o xeneral Prim, presidente de goberno asasinado en 1870, Gonzalo Fernández de Córdoba, conquistador de Nápoles no reinado dos Reis Católicos, ou Jorge Juan, o gran mariño da época ilustrada.
As súas novelas foron traducidas en numerosos países, entre eles Alemaña, Italia, Portugal, Francia, Polonia ou Rusia.
En 2020 gañou o XXI Premio de Novela Histórica Ciudad de Cartagena pola súa novela ‘La ruta infinita’ primeira parte da biloxía adicada á gran xesta da primeira circunnavegación da Terra completada por Juan Sebastián Elcano en setembro de 1522.
Remata de publicar «Dueños del mundo» (2025) coa editorial HaperCollins, que nos transporta a un dos períodos máis ricos e apaixonantes da nosa historia: o da maior extensión do Imperio español. Nela coñeceremos non só aos grandes personaxes e eventos da época, tamén poderemos asistir á vida cotiá nas rúas do Madrid do Século de Ouro, cos seus mentideros, igrexas e tabernas, ou ás salas e corredores del Escorial e do Alcázar Real.






